Calidad, producto fresco y limpieza. Cuidan cada detalle. Muy recomendable!
Historia

PEIXARÍA CACHADAS
Pescados e mariscos Cachadas remóntase aos anos 50, cando un mozo Manuel Figueroa Soto (Cachadas) mercaba peixe na lonxa de Marín e camiñaba con esa mercadoría ás costas os 8 km que o separaban de Pontevedra para vender o peixe polas rúas. Co tempo, xunto á súa muller Eugenia e os seus cuñados Lola e Santi, adquiren uns postos na praza de Abastos desa cidade. Hoxe en día a empresa herdouna o seu sobriño, Santiago Pesqueira, quen xa de pequeno axudaba no negocio. Pouco a pouco, tras anos de esforzo, traballo e moi poucas horas de sono, conseguiron abastecer boa parte da hostalaría pontevedresa e arredores.
Hoxe en día o equipo formado por Santi, Merchi, Antía e Bea segue mantendo os mesmos valores e a mesma ilusión cós seus predecesores.
Nestes postos podes atopar desde peixiños miúdos ata grandes pezas de sorprendentes peixes, onde os seus integrantes, con atención e agarimo, atenderán as necesidades do cliente respecto da preparación e manipulación da compra desexada.
Esta empresa espera seguir enchendo pratos de calidade e sabor por moito máis tempo.
¡As nosas rías ofrécennos o mellor!
Onde estamos
Enderezo
Teléfono
Horario
De martes a sábado, de 08:00 a 15:00. Domingo e luns pechado.
TikTok
Preguntas frecuentes
¿Onde mercar peixe fresco en Pontevedra?
No Mercado Municipal de Abastos de Pontevedra, na Rúa Serra, 5, atoparás Pescados e mariscos Cachadas, un posto familiar desde os anos 50. Abrimos de martes a sábado, de 08:00 a 15:00, con peixe e marisco de lonxa de Marín e Vigo.
¿Cando é a tempada do percebe en Galicia?
O percebe galego está no seu mellor momento no outono e no inverno, cando o oleaxe máis forte na costa adoita mellorar a súa calidade, aínda que é un marisco que se pode atopar todo o ano segundo a climatoloxía e as capturas do día.
¿Como escoller un rodaballo fresco?
Un rodaballo fresco ten os ollos brillantes e saltóns, a pel húmida cun brillo natural, e desprende un cheiro suave a mar, nunca forte a amoníaco. Ao presionar a carne co dedo debe recuperar a forma decontado. No noso posto seleccionamos cada peza a diario.
O que din de nós
Increíble producto y las chicas que trabajan ahí majísimas no te aburres con ellas un 10 para todas.
Buen género y mejor trato. 100% recomendado a todo el que quiera comprar.
Amabilidad, limpieza y consejos del 10+. Volveremos seguro.
Es una maravilla de pescadería, limpia y con unos productos muy frescos.



